O BNG celebra un encontro con comerciantes, autónomos e empresarios/as de Ponteareas

O BNG celebra un encontro con comerciantes, autónomos e empresarios/as de Ponteareas

Represas, no acto central do BNGO BNG de Ponteareas organiza un encontro co tecido económico e empresarial de Ponteareas no que o Candidato do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, presentará as políticas de reactivación económica e creación de emprego a aplicar desde o goberno municipal os vindeiros catro anos.

O acto, que se celebrará no Centro Artístico Sportivo este mércores ás 21 horas, contará coa participación de Anxo Quintana, dedicado nos últimos anos a actividade empresarial, despois de ser vicepresidente da Xunta de Galiza e Alcalde de Allariz.

Subvencionaremos a creación de emprego e postos de traballos por pequenas empresas e comerciantes

Dende o BNG lembraron algunha das súas propostas de apoio aos emprendedores como a de subvencionar a creación de emprego e postos de traballos por pequenas empresas e comerciantes, “axudas que se financiarán cos 230.000 euros que nestes catro anos nos custou Solla como consecuencia da decisión anunciada por Represas de renunciar ao soldo de alcalde para destinar ese diñeiro a crear emprego estable”

Outra das medidas consisitirá en “aprobar incentivos fiscais, con redución de impostos e taxas para aqueles que estean dispostos a crear emprego en Ponteareas”, indicaron.