O BNG apoia as reivindicacións do comercio de Ponteareas pola falta de iluminación

O BNG apoia as reivindicacións do comercio de Ponteareas pola falta de iluminación

O BNG de Ponteareas manifesta a seu apoio ao comercio local diante da desidia e incompetencia do goberno de Solla e PP polas carencias no alumeado de rúas e prazas da vila, a suciedade e abandono das beirarrúas, a seguridade viaria, o lamentable estado dos aparcamentos de terra, etc.

A iniciativa da Asociación Ponteareas Comercial puxo en evidencia este venres a deficiente iluminación na zona comercial e a improvisación dun goberno municipal sen rumbo. A asociación promoveu un “apagón reivindicativo” dos escaparates a partir das 8 da noite como medida de presión para que a cidadanía puidese comprobar a situación na que quedan as rúas e prazas se os comercios apagan ás luces

Ponteareas está sen rumbo por culpa da parálise dun goberno inútil do PP

arranxo_alumeadoA protesta dos comerciantes obrigou ao goberno do PP a actuar na mesma noite para suplir as carencias de alumeado polo apagón dos escaparates, enviando operarios municipais a arranxar parte do alumeado e acendendo luces como ás que arrodean o auditorio, na praza Maior ou na rotonda das bicicletas, que están normalmente apagadas. "É unha nova mostra de que Ponteareas está sen rumbo por culpa da parálise dun goberno inútil para este concello que actúa a golpe de improvisación", sinalan dende o BNG.

 

 

Reivindicación que lucen nos seus escaparates moitos comercios de Ponteareas

dep_comercio