O BNG apoia ás mobilizacións contra a LOMCE e os recortes do PP no ensino público

O BNG apoia ás mobilizacións contra a LOMCE e os recortes do PP no ensino público

O BNG de Ponteareas amosou o seu respaldo as mobilizacións e accións da Federación de Asociacións de Nais e Pais dos centros de ensino públicos de Ponteareas –FANPO-,  contra a Lei Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa -LOMCE-.Con esta reforma, coñecida como a Lei da Wertgoña, o PP quere facernos retroceder ao modelo educativo do franquismo, acabar co carácter público, universal e gratuíto do ensino e reforzar o seu papel españolizador.

Os nacionalistas, que participarán na manifestación convocada pola FANPO, que parte mañá ás 19.30h. de diante do Concello de Ponteareas, denuncian que a LOMCE é profundamente españolizadora e privatizadora e advirten de que retrotrae o sistema educativo aos postulados do franquismo e que recolle a visión da educación da Conferencia Episcopal.

O BNG anima á cidadanía a participar nas mobilizacións en defensa do dereito á educación, do ensino público e para rexeitar os recortes no ensino practicados polo Partido Popular.

A concelleira do BNG, Hortensia Bautista, recordou as iniciativas dos nacionalistas, no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego para a retirada da Lei Wert, “lei que o PP, co seu cinismo habitual, denomina –mellora da calidade educativa-, cando o que pretende é expulsar do sistema educativo ao alumnado con menos recursos eliminando a igualdade de oportunidades. O PP utiliza a reforma para privatizar o sistema educativo”, manifestou Hortensia Bautista.