O BNG apoia á Federación de ANPAS de Ponteareas na defensa da escola pública frente aos recortes

O BNG apoia á Federación de ANPAS de Ponteareas na defensa da escola pública frente aos recortes

O BNG de Ponteareas amosou o seu respaldo ás mobilizacións e accións da Federación de Asociacións de Nais e Pais dos centros de ensino públicos de Ponteareas –FANPO-,  para rexeitar os recortes de dereitos no ensino practicados polo Partido Popular e da reforma da lei prevista polo Ministro Wert.

O BNG estará na concentración convocada para este xoves 13, ás 19 horas diante do concello de Ponteareas e animan á cidadanía a participar nas mobilizacións da FANPO en defensa do dereito á educación, do ensino público e contra unha lei regresiva.

A concelleira do BNG, Hortensia Bautista, recordou as iniciativas dos nacionalistas, no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego para a retirada da Lei Wert, “lei que o PP, co seu cinismo habitual, denomina –mellora da calidade educativa-, cando o que pretende é expulsar do sistema educativo ao alumnado con menos recursos eliminando a igualdade de oportunidades, o PP utiliza a reforma para privatizar o sistema educativo” manifestou Hortensia Bautista.

O BNG chama a participar na concentración convocada para este xoves 13, ás 19 horas, diante do Concello

Os nacionalistas denuncian que a Lei Wert, ataca directamente ao noso país, ao que somos como galegos e galegas, “impide o coñecemento e estudo do que nos conforma como pais, desprezando a noso idioma, cultura e historia, a lei retrotráenos a época franquista” afirmou a concelleira do BNG.

O BNG apoia á Federación de ANPAS de Ponteareas na defensa da escola pública frente aos recortes