O BNG acusa a Solla de covarde e de carecer de dignidade para exercer a alcaldía de Ponteareas

O BNG acusa a Solla de covarde e de carecer de dignidade para exercer a alcaldía de Ponteareas

intervencionmanoelO Pleno deste martes en Ponteareas foi suspendido polo alcalde Salvador González Solla no momento de votar a moción da asociación Ponte Solidario sobre os mínimos de emerxencia social. Solla tratou de desvirtuar a iniciativa e impediu votar a proposta no seu conxunto como pedía a asociación.

O alcalde negouse a parar o Pleno uns minutos, como lle pediu o portavoz do BNG, Xosé Represas, para consensuar con todos os grupos políticos e Ponte Solidario a creación dunha Mesa Social aberta a participación de colectivos sociais para o cumprimento dos acordos da moción de pancartaPonte Solidario e seguimento das axudas de emerxencia social como plantexaba a iniciativa da asociación.

A suspensión produciuse logo de que o Alcalde se negase a votar conxuntamente todos os apartados da moción de Ponte Solidario como pedía o colectivo e reclamou o portavoz do BNG. Esta situación provocou un enfrontamento entre o propio alcalde e Represas, quen tachou a Solla de covarde ao levantar o Pleno e impedir chegar a un consenso.

Ponteareas precisa limpar o pozo negro de corrupción e enchufismo no que o PP converteu ao Concello

psreunidosDurante o debate, tras a apelación do Alcalde ao equilibrio económico, o portavoz do BNG deslexitimou a Solla para falar equilibrio económico do Concello despois de lévalo á bancarrota. Represas botoulle en cara a Solla que o que neste momento necesitaba Ponteareas non era gastar máis de 80.000 euros en “maquillaxe electoral” para limpar a fachada da Casa do Concello. “O que precisa Ponteareas é limpar o pozo negro de corrupción e enchufismo no que o PP converteu o Concello despois de gobernar durante décadas”, afirmou Represas.

O BNG pasou a noite no Salón de Plenos

madrugadaO Grupo Municipal do BNG pasou a noite no Salón de Plenos con medio cento de veciños e veciñas, da asociación Ponte Solidario e doutros colectivos que apoiaban o informe de mínimos que presentaba a asociación.