O BNG acusa de parálise ao goberno do PP, que non leva nada ao Pleno de marzo

Concelleiro de seguridade, xogando co seu mobil nun Pleno
Concelleiro de seguridade, xogando co seu mobil nun Pleno
O BNG acusa de parálise ao goberno do PP, que non leva nada ao Pleno de marzo

IMG_2039O portavoz do BNG no concello de Ponteareas, Xosé Represas, criticou este luns a “parálise” do  goberno do Partido Popular no concello, “inactividade que se pode comprobar cos escasos asuntos de interese para os veciños e veciñas de Ponteareas que cada mes se levan a Pleno”. Na sesión ordinaria deste mes de marzo, que se celebra este martes ás 20:00, non hai ningunha iniciativa do goberno.

O portavoz do BNG salientou que “mentres os veciños sofren as consecuencias da súa incapacidade, o alcalde e todo o seu goberno do PP actúan con total  irresponsabilidade, deixan pasar os meses sen resolver ningunha das prioridades de Ponteareas; levamos 3 anos sen orzamentos, 3 anos retrasando a nova escola infantil, incapaces de xestionar o traspaso da Residencia da Terceira Idade, etc.”

Iniciativas do BNG

bngponteareasRepresas contrastou a “actitude de parálise de Solla e o PP, un goberno sen iniciativa, que non só non fai nada para paliar a grave situación actual nin fai nada polo emprego cando Ponteareas conta con 3.200 parados; senón que incluso toma decisións que teñen provocado unha maior destrución de emprego. Esta actitude contrasta coa do BNG, que como alternativa de goberno en Ponteareas presenta cada mes propostas que responden ás demandas da maioría da cidadanía”.

O BNG pide que o Pleno rexeite que se elimine o dereito á asistencia sanitaria das persoas que permanezan fóra do Estado máis de 90 días como aprobou o goberno do PP

O Bloque procurará no Pleno o respaldo da Corporación municipal para, por unha banda, rexeitar a exclusión da atención sanitaria pública as persoas que permanezan máis de 90 días fóra do Estado nun ano natural ou non residentes no Estado español, decisión adoptada polo Goberno de Rajoy; por outra banda, instar a derrogación desta medida e, por último, instar a Xunta de Galiza a que mentres non se proceder a derrogar o real decreto lei asuma e garanta a atención sanitaria dos galegos e galegas que saian fóra do Estado español por un período superior aos 90 días, conservando a tarxeta sanitaria.

O BNG responsabiliza ao concelleiro Jesús Fernández da inseguridade cidadá e pide a súa comparecencia no PlenoFernandez_mobil

O BNG responsabilizou ao concelleiro de Seguridade do goberno local do PP en Ponteareas, Jesús Fernández, de non tomar ningunha medida para solucionar os problemas de inseguridade cidadá que se veñen producindo durante os últimos anos na localidade.

Os nacionalistas acusan ao concelleiro de seguridade de non facer nada nos case 3 anos que leva no cargo. “A inseguridade cidadá que se vive en Ponteareas é resultado da inexistencia dunha política e un plan de traballo en materia de seguridade e prevención dos delitos e da incapacidade do PP para que Ponteareas conte cunha policía local eficaz e que responda as demandas da sociedade actual”, afirmou o portavoz do BNG, Xosé Represas.

O concelleiro de Seguridade comparecerá no Pleno, a petición do BNG, para dar conta da súa xestión; dos problemas de seguridade; do caos de tráfico dos sábados; das situacións de risco na Praza Maior para moitos nenos por permitir o tráfico de vehículos sen orden nin control; das queixas de veciños e comerciantes por non facer absolutamente nada para impedir a suxedade das rúas cos residuos dos cans, actuando contra as persoas que non son respetuosas coa vila e o resto dos veciños; da desidia nos conflitos de seguridade cidadán ou da descoordinación con outras áreas de goberno como comercio e limpeza.

O alcalde e o concelleiro de Seguridade son incapaces de cumprir o seu cometido

Dende o BNG lembran que a Policía Local conta con mais efectivos que nunca e pola contra a inseguridade é maior. O problema, para o BNG, non son os membros da Policía Local, “senón un alcalde e un concelleiro incapaces de cumprir o seu cometido como máximos responsables da seguridade en Ponteareas”.

Outras iniciativas

No Pleno tamén comparecerá a concelleira de emprego, Marisol Valado, por non tramitar nin un só obradoiro de emprego en 3 anos.

Outras iniciativas do BNG están relacionadas con rexeitar a reforma da lei do aborto ou a petición das ANPAs para a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto dos libros de texto no ensino obrigatorio.