O BLOQUE LEMBRA QUE FORON ELES QUEN RETIRARON A JOSÉ CASTRO DA VIDA POLÍTICA

O BNG aclara que as Medallas do Corpus sempre foron propostas polos alfombristas

medalla corpus1
medalla corpus1
O BNG aclara que as Medallas do Corpus sempre foron propostas polos alfombristas

Ante a recente aprobación por parte do Pleno da concesión da Medalla do Corpus a José Castro, o BNG aclara que “a proposta de persoas homenaxeadas coa Medalla do Corpus non é unha proposta do goberno nin do alcalde, senón que parte sempre dos e das alfombristas”.

 

Dende o Bloque indican que nesta ocasión, “os e as alfombristas, tras a súa reunión, decidiron propoñer a José Castro pola súa contribución á internacionalizción do Corpus, proposta que se traslada ao Pleno para a súa aprobación. O Grupo Municipal do BNG actuou coherentemente respectando, como leva facendo dende o ano 1995, as propostas do colectivo de alfombristas, que son os verdadeiros protagonistas do Corpus.” O BNG indica que a proposta dos alfombristas “só contou co voto en contra de Esquerda Unida, que o ano pasado tampouco apoiou o recoñecemento aos alfombristas ponteareáns.

 

En canto á persoa proposta polos alfombristas, José Castro, o BNG indica que “sempre nos posicionamos en contra das súas políticas” e lembran que “foi o Bloque Nacionalista Galego quen retirou a José Castro da vida política grazas a presentar unha denuncia que logrou que o Tribunal Supremo inhabilitase a el e o seu goberno impóndolle a máxima condena”.