Aquagest pagou a Salvador G. Solla e 5 persoas máis, avión, hotel e entradas para ver o Real Madrid

Aquagest pagou a Salvador G. Solla e 5 persoas máis, avión, hotel e entradas para ver o Real Madrid

A información aparece nos tomos da Pokemon feitos públicos esta semana

Solla_plenoO informe policial sobre os regalos de Aquagest, no sumario da Pokemon, dado a coñecer esta semana permitíu descubrir que o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, do Partido Popular, e 5 persoas máis foron agasalladas por Aquagest con billetes de avión entre Vigo e Madrid, ida e volta, 2 habitacións dobles e 2 simples no hotel Coloso durante 3 días e entradas para ver o partido do Real Madrid-Valencia disputado o 8 de abril de 2012. Segundo este informe o custe sería de 2.383,75 euros.

Estas datas coinciden coa posta en funcionamento da nova estación de tratamento da auga de Ponteareas, ETAP. Esta instalación foi inaugurada oficialmente en xullo de 2012, a 3 meses das últimas eleccións autonómicas.

O PP e Solla deben dar explicacións sobre os agasallos

O BNG de Ponteareas instou ao PP e Solla “dar explicacións” sobre estes agasallos, que identifique as outras cinco persoas beneficiarias, se son concelleiras ou familiares. Os nacionalistas pedirán a comparecencia de González Solla para que explique a posible relación ou vinculación desta viaxe co contrato de mantemento da ETAP que neses momentos o goberno do PP negociaba con Aquagest. Ese contrato foi aprobado posteriormente cos votos de PP, ACIP e PSOE. Ademais, o BNG quere que o PP e o Alcalde aclaren as liquidacións con Aquagest polo servizo municipal de augas e a depuradora, realizadas nos últimos 10 anos de mandato municipal.

Os axentes levan a documentación Foto: G.P.

Os nacionalistas lamentan que a Alcaldía de Ponteareas sexa de novo noticia pola posible vinculación xudicial con outra trama de corrupción, neste caso a Pokemon, cando hai só 3 meses o concello de Ponteareas foi intervido pola policía xudicial dentro da “operación Patos”. Nesa operación foi incautado o expediente do contrato de mantemento da ETAP con Aquagest -actualmente Viaqua-.

Nestes momentos Solla está imputado en 3 casos xudiciais, ademais de implicado nestas dúas operacións policiais contra a corrupción. Os nacionalistas lembran que Solla iniciou a súa carreira política en Ponteareas, en 1999, da man da rede de corrupción coñecida como Gürtel, rede que pagou o seu primeiro mitin segundo consta no sumario da mesma.

 

? Achegamos copia da primeira páxina do informe de Secretaría sobre o contrato da ETAP no que se reseña un informe de custes de explotación da ETAP de Ponteareas, de data 12 de abril de 2012. Estas datas coinciden coa viaxe a Madrid. Este estudo de custes foi utilizado para o cálculo do contrato aprobado posteriormente.

informe_secretaria