Os aparcamentos de Ponteareas están convertidos nunha lameira polo abandono do PP

Os aparcamentos de Ponteareas están convertidos nunha lameira polo abandono do PP

O BNG de Ponteareas denuncia a desidia do goberno local do Partido Popular polo abandono dos aparcadoiros de terra que están convertidos nunha auténtica lameira e cheos de buratos, como pasa co situado entre as rúas Rosalía de Castro e Alexandre Bóveda.

Lameira_aparcamento

Hai unha capa de lameira que chega á rúa e afecta ás entradas dos edificios, dando unha imaxe penosa

Os nacionalistas culpan desta situación ao Alcalde, González Solla, e aos concelleiros de Vías e Obras, Alberto Novoa e de Comercio, Marisol Valado, como responsables deste lamentable estado, e esíxenlle que de forma urxente adecenten os aparcadoiros para evitar máis dano e prexuízos ao comercio e aos veciños en xeral. “A situación dos aparcadoiros é lamentable e perigosa”, indicaron os nacionalistas. “Hai unha capa de lameira que chega a rúa Alexandre Bóveda e afecta incluso ás entradas dos edificios, dando unha penosa imaxe de abandono e incompetencia”