Ana Pontón e Carme da Silva participarán este mércores nun acto do BNG en Ponteareas

Ana Pontón e Carme da Silva participarán este mércores nun acto do BNG en Ponteareas

O BNG celebra este mércores un acto público de cara ás eleccións estatais do vindeiro mes de novembro.

Neste acto, que se celebrará ás 20 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal, participará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a candidata ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde das Neves, Xosé M. Rodríguez Méndez.

No referente ao proceso electoral, o Bloque sinala que “o 10 de novembro é unha nova oportunidade que Galiza non pode deixar escapar. É momento de facer valer Galiza e garantir que a sociedade galega teña quen a defenda en Madrid.”