Ana Pontón dará a coñecer en Ponteareas as propostas do BNG en materia económica

Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG
Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG
Ana Pontón dará a coñecer en Ponteareas as propostas do BNG en materia económica

Xosé Represas e Ana PontónPonteareas acollerá o vindeiro xoves 6 de abril un coloquio coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, sobre as propostas políticas do BNG no eido económico. Entre estas propostas, a formación nacionalista destaca a necesidade dun concerto económico para Galiza. O encontro, que terá lugar ás 20:00 horas na Sala de Usos Múltiples do Auditorio Municipal, contará tamén coa intervención do Alcalde ponteareán, Xosé Represas.

Os impostos que pagamos emigran a Madrid

O BNG critica que “mentres Galiza ten que atender servizos básicos fundamentais como a sanidade, o ensino ou os servizos sociais, os impostos que pagamos as galegas e galegos emigran a Madrid e volven a través dun sistema de financiamento arbitrario, inxusto e pouco transparente”.

Dende o Bloque sinalan que “o pobo galego sabe cales son as súas necesidades e é capaz de administrar os seus propios recursos”. Neste sentido, o BNG incide na necesidade “dun concerto económico galego que garanta a atención das nosas prioridades, e remate coa discriminación económica que padecen os concellos galegos”.