Ponteareas acolle este sábado un acto sobre as pensións organizado polo BNG

Ponteareas acolle este sábado un acto sobre as pensións organizado polo BNG

cartel-pensions-ponteareas_webAs pensión serán as protagonistas dun acto público que organiza o BNG este sábado 14 en Ponteareas. O acto desenvolverase dende as 20:30 horas na Sala Multiusos do Auditorio Municipal, e nel intervirán o Responsable Local do BNG na localidade, Nemesio Boente, o presidente da asociación de xubilados antigos emigrantes, Octavio Méndez, e o sindicalista Antolín Alcántara, así como a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas.

O BNG anima ás veciñas e veciños de Ponteareas a asistir a este acto para “coñecer a situación actual das pensións e as propostas do BNG para garantir unhas pensións dignas para as galegas e galegos e un trato xusto despois de toda unha vida de traballo.”

O Responsable Local do BNG, Nemesio Boente, sinalou que “as decisións que está a adoptar o goberno do PP fan que en Galiza teñamos as pensións máis baixas de todo o Estado español”. Así mesmo, dende o Bloque consideran “unha falta de respecto que o PP tivese 65.000 millóns de euros para rescatar a banca e diga agora que non ten nin un euro para subir as pensións das galegas e dos galegos, que en moitos casos son o único ingreso que entra no fogar”.