Represas cualifica de “histórico” o resultado en Ponteareas e asume o reto de liderar o goberno

Represas cualifica de “histórico” o resultado en Ponteareas e asume o reto de liderar o goberno

bng ponteareas 24052015

O candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas Xosé Represas cualificou de histórico o resultado electoral que sitúa aos nacionalistas de novo como segunda forza política e “por vez primeira na historia fai posíbel un cambio no goberno municipal, poñendo fin a décadas de poder do Partido Popular”.

Represas, que nada máis coñecerse os resultados oficiais felicitou aos candidatos do PSOE, Esquerda Unida e A Riada do Tea polos seus resultados, amosouse disposto a liderar un goberno de cambio desde o diálogo e o consenso coas tres forzas políticas.

Os nacionalistas amosáronse moi satisfeitos cos resultados, ao revalidar os cinco concelleiros cos que contaban, mantendo a súa posición de segunda forza política a só dous concelleiros do PP, que obtivo sete.

Represas convidou ao resto de candidatos a iniciar o diálogo para conformar un goberno de cambio estable e dar resposta ao mandato dos cidadáns que cos seus votos decidiron que en Ponteareas haxa un goberno nacionalista e progresista nos vindeiros catro anos.