O BNG reclamará no Parlamento axudas para o sector forestal do Condado polas perdas do nematodo

O BNG reclamará no Parlamento axudas para o sector forestal do Condado polas perdas do nematodo

 

Q55A6503

 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, realizou unha visita institucional aos concellos das Neves e de Ponteareas, acompañada do cabeza de lista por Pontevedra nas eleccións do 26X, Luis Bará, para coñecer as propostas e demandas dos gobernos municipais liderados por Xosé Manuel Rodríguez Méndez e por Xosé Represas.

Os gobernos de Ponteareas e As Neves “demostran capacidade para resolver os problemas da veciñanza”

Pontón puxo en valor ambos gobernos do BNG “que están demostrando capacidade e iniciativa para resolver os problemas da veciñanza”, en materia de infraestruturas e equipamentos sociais e para impulsar as iniciativas económicas da comarca.

Neste sentido, a dirixente nacionalista mantivo un encontro, xunto con ambos rexedores, cunha nutrida representación de todos os axentes da cadea forestal e madeireira da comarca, PONTON COS ALCALDES DE POTEAREAS E AS NEVES E O SECTOR FORESTALque transmitiron a súa preocupación polas repercusións do nematodo sobre un sector estratéxico no Condado.

Pontón avanzou que o BNG vai defender no Parlamento habilitar unha liña de axudas públicas para compensar a produtores e industria polas perdas derivadas da praga, entre elas ás limitacións nas talas e un menor prezo de mercado pese a ter que asumir o coste que supón tratar a madeira contra o nematodo.

O oscurantismo da Xunta fai temer que non adoptou ningunha medida efectiva nestes anos

“A Xunta ten que explicar na Cámara cal é estratexia para frear a praga, porque o oscurantismo que practica neste tema fai temer que non ten adoptado ningunha medida efectiva ao longo destes anos”, indicou Ana Pontón.

A tamén deputada considera “evidente” que produtores e transformadores da madeira no Condado “sexan compensados con axudas públicas polas perdas, mentres non haxa unha solución que lles permita competir en igualdade de condicións no sector da madeira”.

Igualmente, o BNG quere coñecer no Parlamento que relación de “colaboración” existe entre a Xunta coas autoridades lusas, “xa que a praga procede do país veciño e as larvas non entenden de fronteiras, polo que non tería sentido actuar en solitario”.

Pontón parabenizou a Represas pola súa capacidade de xestión e de diálogo

No encontro co alcalde de Ponteareas, Pontón parabenizou a Represas “pola súa capacidade de xestión e de diálogo que lle permitiu aprobar os primeiros orzamentos desde 2010 e sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal, longamente esperado pola veciñanza.

Q55A6476Pola súa parte, Represas salientou que o BNG demostrou capacidade de diálogo para sacar adiante asuntos clave para o Concello e subliñou a importancia de recuperar presenza no Congreso a partir do 26X para poder contar tamén con voz propia en Madrid.

“É vital para Galiza, e tamén para o noso concello”, indicou, “porque hai temas que se deciden alí e precisamos quen fale por nós e defenda os nosos intereses”, recalcou.

Pontón asume a petición das Neves para reubicar a escola infantil no CEIP Marquesa do Pazo

Escola infantil en As Neves

No Concello das Neves, Pontón mantivo un encontro coa equipa de goberno que lidera Xosé Manuel Rodríguez, con quen asumiu o compromiso de presentar unha iniciativa no Parlamento para trasladar a escola infantil desde o Centro de Saúde ao CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

PONTON E BARA ESCOLA INFANTIL AS NEVES“O obxectivo é ter unha escola infantil con mellores dotacións, con máis capacidade e calidade para os nenos e nenas, e resulta incomprensible que Feijóo desoia a demandan unánime de todas as familias”, indicou Pontón, quen considera esencial ter “servizos que permitan aos país e as nais a conciliación familiar e laboral”.

O rexedor salientou que a demanda “forma parte dunha política que fixe poboación no rural a través de equipamentos sociais e invertir a tendencia de perda de poboación e seremos capaces de logralo se conseguimos que as políticas públicas revertan nas necesidades que ten a nosa veciñanza”, explicou Rodríguez. “As Neves existe e ten un proxecto atractivo para vivir”, concluíu.

Como candidato pola provincia Bará subliñou que “traballará arreo para devolver a Galiza e a Pontevedra a súa representación no Congreso dos Deputados. "Galiza ten unha segunda oportunidade para ter voz en Madrid, xa que se demostrou que nos últimos seis meses estivo ausente, e se o BNG está no Congreso, Galiza está", dixo.

En canto á comarca do Condado, Bará subliñou a necesidade de aproveitar as súas potencialidades para desenvolver o seu futuro. Neste sentido fixo referencia á necesidade de aproveitamento do río Miño como dinamizador económico, turístico e cultural.