BNG logra o apoio do Pleno para eliminar a taxa de tratamento de auga ás familias que non a reciben

BNG logra o apoio do Pleno para eliminar a taxa de tratamento de auga ás familias que non a reciben

contador_augaO Pleno do concello de Ponteareas do mes de maio aprobou por unanimidade a moción do BNG para eliminar a taxa da nova planta potabilizadora de auga aos veciños que non reciben á auga da nova ETAP. O goberno local ten agora a responsabilidade de modificar a ordenanza fiscal do servizo municipal de auga potable para incorporar a proposta do BNG aprobada no Pleno. “Estarán exentos da -Cuota de Servizo de Tratamento- os usos domésticos, comerciais, industriais e obras que non reciban auga tratada pola nova ETAP”

Esta medida permitirá eliminar a taxa a unhas 1.000 vivendas con traída municipal de Angoares, Ganade, A Freixa, Canedo, O Barral, Fontenla, Moreira, Cristiñade e San Mateo.

Xosé Represas, no pleno.No debate da proposta, o PSOE tratou de desmarcarse da súa decisión anterior acusando aos nacionalistas de facer demagoxia con este tema. O portavoz do BNG, que defendeu a iniciativa, lembroulle que no acordo do Pleno do 15 de outubro de 2013 no que se aprobou esta taxa, o voto a favor dos concelleiros do PSOE non ofrece dúbidas. Para os nacionalistas o relevante é a decisión tomada finalmente no Pleno co apoio de toda a Corporación á iniciativa do BNG para non cobrar por un servizo que non se da, “iso é o que realmente lle importa aos veciños”, afirmou Represas.

Entre os acordos están tamén as esixencias a Viaqua(antes Aquagest) sobre os problemas derivados do exceso de presión nalgunhas parroquias, danos en instalacións e facturas desproporcionadas de consumos non realizados, como recoñeceu o propio Alcalde no Pleno.

O BNG tamén sacou adiante a moción sobre as obras de saneamento en Padróns e Prado

saneamento_Padróns_parroquiasO BNG tamén sacou adiante a moción sobre as obras de saneamento en Padróns e Prado para esixirlle a Augas de Galiza a modificación das obras para que todas as vivendas próximas á rede de saneamento instalada poidan conectarse á mesma. O PP abstívose despois de anunciar no debate o voto a favor da iniciativa. O acordo tamén inclúe completar o saneamento de Prado e ampliar o de Padróns con cargos aos plans de obras da Xunta e da Deputación.

Un grupo de veciños e directivos de asociacións da parroquia de Prado, presentes no Pleno, comprobaron unha vez máis a incompetencia e as mentiras do PP e do Alcalde na comparecencia para explicar a súa responsabilidade na execución das obras e dos enganches individuais autorizados polo Alcalde sen ningún proxecto nin amparo legal.

Os nacionalistas cualificamos de “insolidaria” a decisión de PP e ACIP de dar de baixa a Ponteareas no Fondo Galego de Cooperación para non pagar 1.700 euros en 2015. Verónica Carrera

A concelleira do BNG, Verónica Carrera, interveu nesta proposta do goberno para solicitar a súa retirada e cualificou de impresentable e insolidaria a medida, pois só representa 7 céntimos por habitante. “Con 1.700 euros, nun orzamento de 13 millóns de euros, en Ponteareas non solucionamos nada. No entanto, esa pequena cantidade ten un gran efecto nos países en desenvolvemento” manifestou Verónica Carrera, referíndose tamén a obriga ética e moral que temos como pobo emigrante.