O BNG confirma a Represas como candidato a alcalde de Ponteareas

O BNG confirma a Represas como candidato a alcalde de Ponteareas

Xosé Represas recibiu o pasado xoves o respaldo unánime da asemblea de afiliados e simpatizantes do BNG  para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía de Ponteareas nas eleccións de maio de 2015.

Represas_candidato_

É unha gran responsabilidade, pero encaramos o reto con ganas e con máis ilusión ca nunca

Na súa intervención, Represas agradeceu a confianza e apoio recibido para encabezar o proxecto do BNG nas próximas eleccións e ser a única alternativa de cambio real en Ponteareas para retirar ao PP do goberno local. “É unha gran responsabilidade, pero encaramos o reto con ganas e con máis ilusión ca nunca. A maioría dos veciños e veciñas demandan un cambio en Ponteareas e agora é o momento de que esa demanda se traslade ao Concello”

Represas indicou que continuarán coa celebración de asembleas abertas e encontros cos colectivos sociais para a elaboración do programa de goberno ao tempo que deseñarán o equipo completo co que se presentarán ás eleccións

Xosé Represas Giráldez é Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo, foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e do seu Centro Cultural. Asumiu ademais diversas responsabilidades de representación no asociacionismo forestal e das comunidades de montes, tanto nivel galego como estatal. É concelleiro e Portavoz do BNG en Ponteareas desde 2009, en 2011 encabezou por primeira vez a lista nacionalista e ten exercido diferentes responsabilidades no BNG a nivel comarcal.